CARGANDO A INFORMACIÓN
CARGANDO LA INFORMACIÓN
LOADING THE INFO

Igrexa de San Xoán de Río

A igrexa de San Xoán de Río é de orixe románica tardía, con bóvedas de cruzaría góticas nos altares laterais. Ten unha inscrición, indicando que foi rematada en 1691 sendo abade Alonso Bermúdez. Ten planta basilical con tres naves, con cruz latina no exterior e cadansúa ábsida. Os arcos son de medio punto e as bóvedas de canón. A cúpula é octogonal, sustentada por pendentes. Os retablos son barrocos, de 1782, con elementos vexetais e columnas salomónicas. Nela hai tres petos das ánimas do século XVIII.


No templo consérvanse pezas de xoiaría coma a cruz, a custodia, o cáliz (do século XVIII) e o incensario (do século XVII).

Escoitar o texto