CARGANDO A INFORMACIÓN
CARGANDO LA INFORMACIÓN
LOADING THE INFO
A igrexa de Santa María de Vilardá ten o seu día grande no San Antonio. Nesta Igrexa foi párroco Don Pedro González Herrón, quen escribiu varios libros con anécdotas do seu paso por Vilardá.
Sabías que toda esta paisaxe da parte alta do actual Concello de San Xoán de Río forma parte dun territorio cheo de túmulos, antigos monumentos fúnebres de hai milleiros de anos colocados á beira do prodixioso Canón do Sil? Esta circunstancia fai desta contorna unha especie de Fisterra do interior de Galicia na que os topónimos de: As Mamas, Medos e Medorras, fan referencia a estas antigas estruturas.
Escoitar o texto