A Ponte Navea é unha ponte da Vía Nova ou Vía XVIII do Itinerario Antonino que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga).
Sabías que esta ponte sobre o Rio Navea xeraba uns ingresos derivados o seu paso e que está moi relacionada coa Orde de San Xoán de Xerusalén ou Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén de Rodas e de Malta? Por ela pasaron tanto algúns dos grandes exércitos e personaxes da historia europea como as xentes anónimas, que en verdade fixeron deste lugar un monumento ó traballo e á vida cotiá.
Escoitar o texto